Prisma en llamas
Parecen unha das sorpresas do 2010. Parece que sacan un 10″ a finais do mes que ven con Gssh! Gssh!. Seica hai xente de Margarita e Bicicross polo medio. Polo que puiden escotar no seu Myspace, dame a min que vou ter que mercar ese vinilo.
O álbume de Mittens xa ten nome e data de saida
![]()
O combo madrileño Mittens xa ten nome e data de lanzamento do seu primeiro álbume, logo de dous sete pulgadas. «Deer Park Mirage» é o nome escollido e a data de lanzamento será a finais da primaveira. Tedes máis información na seguinte ligazón.
O Felipop quédase sen o 40% do seu presuposto.

Grazas a Dani Alonso leo este artigo da edición do Ferrol do xornal La Voz no que falan co Luis, e según conta este último a Xunta e o Xacobeo non van a soltar un can este ano pra o meu festival favorito, de feito o único festival o que fun nos derradeiros dez anos. É unha vergoña absoluta.
*** Actualización: Criouse un grupo de apoio en Facebook. Anímate e mostra o teu apoio aquí.
La Habitación de Felucas

Grazas a un post de Lixo Urbano na súa conta de Facebook descubro a existencia de «La Habitación de Felucas» unha especie de alternativa pequena e galega do «Burn To Shine» pero nesta versión patria a casa non remata derruada.
Polo que poido ler nun artigo de Alfonso Pato na edición dixital de El País, a iniciativa levaa Félix Casteleiro un rapáz que farto de opsitar dicidiu a convidar as bandas compostelanas e da zona a tocar na súa habitación, gravalo en video e colgalo en internet.
Parece ser que xa pasaron por este dormitorio os Samesugas (na foto) e Novedades Carminha. Din que os primeiros videos estarán listos pra a primaveira. Haberá que estar atentos logo.
[A foto de arriba é de Andrés Fraga]
*** Actualización: Seica xa pasaron pola habitación Malandrómeda. A proba aquí:
Wild Honey veñen a Londres

Que ledicia que me acabo de levar o ver unha mensaxe de Guillermo Farré no meu Facebook: «¡Hola Pol! Creo que no te había avisado aún. Tocamos Wild Honey en Londres el 11 de febrero, por si os apetece pasaros
»
¡Qué bo rollo!, ademáis quédame o lado do chollo non hai excusa pra pasar unha noite incribel. Crónica do bolo neste blogue obrigada.
Ah! que case esquézome. Se ainda non o sabedes, podedes descarregar de balde o disco de Wild Honey «Epic handshakes and a bear hug» na súa conta de Bandcamp a calidade e formato de arquivo que máis os pete. Un dos mellores discos do 2009 sen dúbida algunha.
Por se acaso

Se ainda es un dos poucos que non sabe que o novo álbume, «Cuarta Potencia«, dos composteláns The Homens está xa na rúa, infórmoche que pódelo mercar na túa tenda habitual, ou mandando un email a súa discográfica lixourbanodiscos-arroba-gmail-punto-com (que por certo axiña van ter unha tenda online onde facer as túas compras). Se neste intre non tes un peso no teu peto e ata que aforres pra mercalo queres escoitalo, os rapaces da banda puxeron o disco na súa web pra descargalo de balde!
Ata logo fortunatos
Fai pouco grazas o Facebook descubrín moi o meu pesar unha moi mala nova, os Fortune Tellers sepáranse. Non sei os motivos nin interésanme, eles terán as súas razóns e eu respetoas.
É unha vágoa que unha xente tan boa, cun corazón que non lles cabe no peito e un talento incribel abandoen este proxecto común que levaban facendo o longo de dez anos.
Despídense do público o vindeiro día 13 de febreiro na sala El Sol de Madrid. Eu a lo menos quédome ca ledicia de velos en concerto acústico fai pouco en Madrid.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/oINMpGkyNPI" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Ola xente!
Levaba tempo querendo voltar a escreber sobre o que máis me gusta, que é a música. Non sabía como facelo, pero o final decidinme a facelo o meu xeito, simplemente falar do que vou vivindo, descubrindo, escoitando tódolos días. Non quero plantexar esto como un fanzine ou un blogue serio especializado en música. Simplemente ter un sitio, un lugar onde escreber sobre os meus gustos, ideas, suxerencias etc…
Ademáis da música tamén gustaríame facerlle un oco a cousas como o cinema (e a cultura do video en xeral) e a banda deseñada.
Se vos preguntades o porqué do nome e un tributo a esa icona da cultura musical da internet chamada Pitchfork.
Saudos!.
